
O Concello de Fisterra iniciou a licitación da obra denominada “Pavimentación de vial en Padrís”, unha actuación destinada á mellora e acondicionamento desta vía.
A obra conta cun orzamento de 51.543,64 euros, IVE incluído, e será financiada maioritariamente a través dunha subvención da Consellería do Medio Rural, mediante a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ao abeiro das axudas para actuacións en camiños rurais correspondentes ao período 2026-2027.
En concreto, a achega da Administración autonómica ascende a 42.598 euros, mentres que o Concello de Fisterra realizará unha aportación municipal de 8.945,64 euros.
O prazo previsto para a execución dos traballos será de catro semanas desde o inicio da obra.
As empresas interesadas en participar no procedemento de contratación poderán presentar as súas ofertas ata o 16 de outubro de 2026.
Esta actuación permitirá continuar coa mellora das infraestruturas viarias no rural de Fisterra, contribuíndo a facilitar a circulación e o acceso ás zonas beneficiarias.
