Arderon tres coches esta madrugada na Rúa Educación na Coruña

O incendio rexistrouse na rúa da Educación pasadas as 3:30 horas e non causou danos persoais.

Tres vehículos estacionados arderon esta madrugada na rúa da Educación, no barrio de Visma, na Coruña. O lume non provocou danos persoais.

O 112 Galicia recibiu o aviso pasadas as 3:30 horas, despois de que un particular alertase de que un coche estaba ardendo e de que outros vehículos estacionados nas proximidades corrían perigo de verse afectados polas lapas.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros municipais da Coruña, así como efectivos da Policía Nacional e da Policía Local, que interviñeron na emerxencia.

Finalmente, o incendio afectou a tres vehículos, sen que se rexistrasen persoas feridas