
O BNG de Camariñas volve denunciar o lamentable estado no que se atopa a vía de acceso ao lugar de Santa Mariña e reclama ao goberno municipal unha actuación urxente para garantir a seguridade da veciñanza.
Desde a formación nacionalista consideran necesario que se acometan as reparacións canto antes, xa que as condicións actuais deste acceso supoñen un perigo tanto para as persoas como para os vehículos que circulan por el.
O BNG critica que o Concello continúe priorizando actuacións en prazas mentres persisten problemas nas vías e nos accesos que afectan directamente á vida cotiá da veciñanza.
Por iso, reclaman ao goberno municipal que atenda esta demanda e actúe con celeridade para poñer fin a unha situación que consideran inadmisible e que precisa dunha solución inmediata.
O BNG insiste en que o mantemento das vías e a seguridade das persoas deben ser unha prioridade na xestión municipal.






