
A conta atrás para a I Folía da Sarta ña entra na súa recta final e, para ir quentando motores, chega unha nova sorpresa! 🎉🥁🌿
Nesta ocasión, sortearase un almorzo para dúas persoas en Pastelería Mate & Alfajor, grazas á colaboración deste establecemento coa organización da festa.
Como participar no sorteo?
Para ter a oportunidade de gañar este delicioso premio, só hai que cumprir tres requisitos:
- Seguir as contas de Pa Feira Co Que Temos e Pastelería Mate & Alfajor.
- Etiquetar nos comentarios da publicación á persoa coa que compartirías o almorzo se resultas gañador ou gañadora.
- Estar presente no momento do sorteo durante a celebración da I Folía da Sarta ña, este sábado 24 de outubro, no Camping Lago-Mar.
Ademais, a organización comparte un mapa explicativo para facilitar a chegada e a orientación das persoas asistentes, no que se indican as zonas de comida, bebida, aparcadoiro, baños e pista.
A festa promete unha xornada chea de música, ambiente festivo e moitas ganas de compartir, así que non hai mellor ocasión para reunirse e gozar da tradición.
A cita será este sábado 24 de outubro no Camping Lago-Mar. Unha oportunidade para vivir a primeira edición da Folía da Sarta ña e, quen sabe, levar tamén para a casa un almorzo para compartir.
Non hai escusa! 🫵🏻🥁🌿
Organiza: Pa Feira Co Que Temos
Colaboran: Concello de Muxía e Horta Creativa.
