
Natalia Botana e o alcalde, Juan Domingo de Deus, acordaron as prioridades da actuación, prevista nos orzamentos de 2027 e 2028
MUGARDOS, 20 de outubro de 2026. A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, visitou este martes o porto de Mugardos para comprobar o estado das instalacións do bordo portuario e avanzar nas medidas destinadas a reforzar a seguridade da zona. Durante o percorrido estivo acompañada polo alcalde da localidade, Juan Domingo de Deus.
Ambos os dous responsables analizaron as necesidades de mellora da pasarela peonil que discorre ao longo do bordo marítimo e consensuaron as prioridades da intervención. Entre os aspectos destacados figura a exposición dos materiais ás condicións meteorolóxicas e á acción do mar, factores que fan necesario empregar solucións construtivas de elevada resistencia e durabilidade.
O obxectivo da actuación é reforzar a seguridade desta infraestrutura e garantir unha maior resistencia fronte ás condicións ambientais propias do ámbito portuario.
Un investimento previsto para 2027 e 2028
A intervención na pasarela de Mugardos está incluída na planificación orzamentaria de Portos de Galicia, que contempla unha partida plurianual distribuída entre os exercicios de 2027 e 2028.
A visita permitiu avanzar na definición das necesidades da obra e na coordinación entre a Administración portuaria e o Concello de Mugardos, co propósito de mellorar a seguridade e a durabilidade dunha infraestrutura situada nunha contorna especialmente exposta á acción do mar.
