Accidente con feridos na AC-305 ao seu paso polo Araño, en Rianxo

Unha dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña, con base en Boiro, interveu nun accidente de tráfico con persoas feridas na parroquia do Araño, no concello de Rianxo.

O sinistro tivo lugar na estrada AC-305, ata onde se desprazaron os efectivos para participar nas tarefas de intervención.

Polo momento, non transcenderon máis detalles sobre as circunstancias do accidente nin sobre o estado das persoas feridas.