Francisco Caamaño nomeado fillo predilecto de Cee

No acto celebrado na Casa do Pobo da localidade de Cee, estiveron presentes, entre outras autoridades, a subdelegada do Goberno, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e alcaldes e alcaldesas da comarca. O homenaxeado recibiu a distinción de mans da rexedora ceense, Margarita Lamela, na presenza dos numerosos veciños e veciñas que se achegaron ata o auditorio do edificio municipal. Despois, descubriuse unha placa co seu nome no Xardín dos Ceenses Ilustres. Catedrático de Dereito Constitucional, Francisco Caamaño foi letrado do Tribunal Constitucional entre 1993 e 2001 e ministro de Xustiza de 2009 a 2011.