A escritora noiesa Lorena Neu Louro presenta o seu primeiro libro en Lousame

A escritora noiesa Lorena Neu Louro presentou o seu primeiro libro na Casa da Cultura de Lousame, nun acto no que estivo acompañada polo tamén escritor outiense Ramón Blanco Fernández.

A obra, unha novela dramática publicada por Letrame Editorial, aborda temas como a superación, a sensibilidade e a esperanza. Unha publicación que marca o inicio dunha nova etapa na traxectoria literaria da autora, tal e como destacou a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo Filgueira.

O libro, que xa conta con varias edicións, está dispoñible a través da web oficial de Letrame Editorial e en plataformas de venda como Fnac e El Corte Inglés.

Desde Lousame, celebramos esta nova andaina literaria e desexámoslle a Lorena Neu Louro moitos éxitos, animándoa a seguir cumprindo o seu soño de escribir.