Un home de 80 anos resulta ferido leve tras ser atropelado nun paso de peóns en Ferrol

Un home de 80 anos resultou ferido leve este xoves, 29 de outubro, tras ser atropelado nun paso de peóns na estrada de Catabois, en Ferrol.

O accidente produciuse arredor das 10:00 horas, nas inmediacións da floraría El Castillo e do taller Vía Norte, cando o home foi alcanzado por un vehículo mentres cruzaba a vía.

Como consecuencia do atropelo, o octoxenario sufriu feridas de carácter leve e foi trasladado nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) para recibir atención médica.