
O Concello de Rianxo continúa traballando para mellorar a seguridade viaria e as infraestruturas municipais.
O alcalde, acompañado pola compañeira Tamara García, mantivo unha xuntanza de traballo con Mónica Rodríguez, deputada de Vías e Obras da Deputación da Coruña, na que se visitaron diferentes puntos da estrada DP-3301 que precisan de actuacións importantes para corrixir os problemas de seguridade viaria que se veñen rexistrando nos últimos anos.
Durante a visita abordáronse especialmente dúas actuacións prioritarias: o proxecto de mellora integral da rúa Arrabal Fincheira e a construción dunha rotonda no lugar de Xogo dos Bolos.
Dúas intervencións fundamentais para mellorar a circulación, reforzar a seguridade de condutores e peóns e dar resposta ás necesidades da veciñanza.
Seguiremos traballando da man da Deputación da Coruña para avanzar nestes proxectos e conseguir que se convertan en realidade nos próximos meses.
