A UNED inaugura en Vimianzo un curso sobre o megalitismo no noroeste peninsular

A UNED celebrou esta tarde a primeira sesión do curso *«O megalitismo no noroeste peninsular»*, unha iniciativa formativa que busca achegar á cidadanía o coñecemento do patrimonio arqueolóxico e da historia da Terra de Soneira e da Costa da Morte.

A sesión inaugural contou coa participación de *Patricia Mañana-Borrazás, arqueóloga e investigadora especializada na aplicación das tecnoloxías 3D ao patrimonio cultural, e de **Santiago Vázquez Collazo*, secretario da Fundación L. Monteagudo.

Esta proposta formativa terá continuidade os días *10, 18 e 25 de novembro* na Aula UNED do Concello de Vimianzo, onde se desenvolverán novas sesións centradas no estudo e na divulgación do fenómeno megalítico.

Con esta iniciativa, a UNED reafirma o seu compromiso coa formación e coa divulgación cultural, contribuíndo a afondar no coñecemento, na conservación e na posta en valor dun patrimonio histórico e arqueolóxico de grande importancia para a comarca.