ALERTA POR UNHA PERSOA QUE TENTABA ABRIR VEHÍCULOS ESTACIONADOS EN RIBEIRA

Unha veciña de Ribeira alerta dun posible intento de roubo no interior de varios vehículos estacionados na localidade.

Segundo relata a testemuña nas redes sociais, observou desde a súa vivenda como un individuo ía camiñando pola zona e tanteando as portas de varios coches, incluído o seu, para comprobar se estaban abertos.

A persoa que deu a voz de alarma asegura que lle chamou a atención en varias ocasións, pero o individuo continuou camiñando sen darse a volta.

Como sinal identificativa, describe que vestía unha chaqueta tipo cazadora con cores de camuflaxe militar.

Ante esta situación, a veciña lanza unha advertencia ao resto da cidadanía: pechar sempre os vehículos con chave ao baixar deles, mesmo cando se estacionan por pouco tempo, para evitar posibles roubos.