O MERCADO MUNICIPAL DE BOIRO RECIBE O DISTINTIVO DE «MERCADO EXCELENTE»

O Mercado Municipal de Boiro vén de recibir o selo de «Mercado Excelente», un recoñecemento que distingue as prazas de abastos que destacan pola súa modernización, innovación e dinamización.

Este distintivo chega tras a incorporación de novos elementos e servizos destinados a mellorar a atención e a calidade do servizo ofrecido ás persoas usuarias.

O recoñecemento pon tamén en valor o traballo dos praceiros e praceiras, así como a calidade dos produtos de primeira que se ofrecen nos diferentes postos do mercado municipal.

Con esta distinción, o Mercado de Boiro reforza a súa aposta pola modernización e por seguir sendo un referente do comercio local.