ALERTA VECIÑAL EN FERROLTERRA POLA PRESENZA DUNHA FURGONETA BRANCA EN DISTINTAS PARROQUIAS

A presenza dunha furgoneta branca, posiblemente identificada con algún tipo de rótulo, está a xerar preocupación entre os veciños de distintas parroquias de Ferrolterra.

Segundo varias comunicacións veciñais, o vehículo estaría realizando movementos sospeitosos, especialmente en zonas apartadas, pistas forestais e lugares pouco transitados.

Algunhas persoas relacionan a súa presenza coa aparición posterior de novos vertedoiros ilegais en determinados puntos, aínda que polo momento non existe confirmación de que estes feitos estean vinculados coa furgoneta.

Un dos últimos avisos sitúa o vehículo durante a madrugada de hai dous días na parroquia de San Mateo. Ante esta situación, os veciños piden manter a precaución, especialmente en Mandiá e nas parroquias próximas.

A recomendación é non baixar a garda e, no caso de observar movementos sospeitosos, comunicar os feitos á Policía ou á Garda Civil, facilitando, se é posible e sen asumir riscos, datos como a matrícula, as características do vehículo e a súa localización.

A colaboración veciñal e o aviso ás autoridades son fundamentais para esclarecer o que está a suceder.