
A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión coa presidenta de Unicef Galicia, María Montalvo, e outros representantes da entidade, na que reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia coa protección da infancia e a atención ás persoas en situación de vulnerabilidade.
Durante este primeiro encontro institucional, a conselleira destacou o labor que Unicef desenvolve desde hai décadas para mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas en situación de desprotección, así como a súa contribución á construción dunha sociedade máis inclusiva, xusta e solidaria.
