A Baña avanza nas obras para levar o abastecemento de auga municipal á parroquia do Barro

O Concello da Baña está a executar unha primeira fase de instalación das tubaxes que conectarán a estación municipal de tratamento de auga potable coa parroquia do Barro.

O Concello da Baña continúa avanzando na mellora das infraestruturas de abastecemento de auga coa execución das obras para achegar a rede municipal á parroquia do Barro.

Nesta primeira fase, os traballos céntranse no entubado desde a estación municipal de tratamento de auga potable ata a parroquia, un paso previo á posterior distribución da auga entre as vivendas.

Esta actuación permitirá ampliar o acceso ao abastecemento municipal e mellorar os servizos básicos para a veciñanza do Barro.

Con motivo das obras, o Concello da Baña pide á cidadanía que **extreme as precaucións ao circular pola estrada do Barro**, debido á presenza de maquinaria e operarios na zona.

Desde o Concello lémbrase a importancia de respectar a sinalización provisional e seguir as indicacións durante o desenvolvemento dos traballos para garantir a seguridade de todos.