Labores de limpeza de Os Caneiros tras a celebración da primeira xira.

Os Servizos municipais executaron os labores de limpeza de Os Caneiros tras a celebración da primeira das xiras ao campo coa retirada de residuos, fundamentalmente botellas de plástico; bolsas, caixas, cartóns…..

A xira contou cunha importante participación de aí o aumento de residuos en relación a anos anteriores, chegando a superar as oito toneladas.

A limpeza completouse co camiño de Xan Xiao (desde Vos Anxos) e a limpeza do leito do río.

Ademais da limpeza, realizáronse distintos labores de acondicionamento do campo para a celebración da segunda romaría que se desenvolverá o día 25 e para a que se espera un menor número de participantes que na celebrada o pasado 18 de agosto.

De todos os xeitos, o Concello manterá o mesmo dispositivo de seguridade formado por máis de cen persoas entre Protección Civil, Garda Civil, Policía Local, e Cruz Vermella. Do mesmo xeito que na primeira das xiras editaranse folletos con recomendacións para participar na festa.