
O Concello de Camariñas informou da aparición de restos de materiais procedentes dun tellado, que foron identificados como pertencentes ao pavillón municipal Víctor Vigo.
Segundo comunicou o goberno local, entre os elementos desprendidos atópase un panel solar, cuxa reparación non poderá realizarse polo momento debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para esta xornada.
Ante o risco que pode supoñer esta situación, o Concello deu aviso ao centro educativo anexo para que as rapazas e rapaces non saian ao exterior mentres persista o perigo.
Desde a Administración local sinalan que tratarán de solucionar a incidencia o antes posible, unha vez que as condicións meteorolóxicas permitan levar a cabo os traballos con seguridade.
O Concello pide así extremar as precaucións mentres non se poida reparar o elemento desprendido.
