Vimianzo coñece novas experiencias de emprendemento colaborativo no marco do proxecto Feito co Mar

A concelleira de Turismo e a axente de Desenvolvemento Local do Concello de Vimianzo participaron hoxe nunha visita ao espazo de traballo compartido Monte Balado, situado no municipio de Brión, no marco das actividades do proxecto **Feito co Mar**, impulsado polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP).

A iniciativa permitiu coñecer de primeira man o funcionamento deste espazo de traballo colaborativo, así como novas experiencias e modelos de emprendemento que poden servir de inspiración para impulsar proxectos innovadores no territorio.

Esta visita enmárcase no obxectivo de explorar novas fórmulas de cooperación, favorecer o intercambio de coñecementos e identificar oportunidades que contribúan á dinamización económica e ao desenvolvemento local.

A través de Feito co Mar, búscase achegar experiencias inspiradoras e abrir novas vías de colaboración que permitan xerar iniciativas e oportunidades de futuro no territorio.