ALERTAN DUN PRESUNTO CASO DE «SIMPA» NUN ESTABLECEMENTO DO MILLADOIRO

Un establecemento hostaleiro do Milladoiro, no municipio de Ames, alertou a través das redes sociais dun presunto caso de *simpa* protagonizado por dúas mulleres que abandonaron o local sen pagar a consumición e a cea.

Segundo a información difundida polo propio negocio, tratábase de dúas mulleres, unha loira e outra morena, de pelo rizado e cunha idade aproximada de entre 45 e 50 anos.

As dúas estiveron consumindo bebidas alcohólicas e posteriormente cearon no establecemento, antes de marchar sen aboar a conta.

Na descrición facilitada tamén se indica que ambas levaban abrigos vermellos e que ían acompañadas dun can pequeno.

O aviso busca alertar sobre o sucedido e facilitar que outras persoas poidan recoñecer as mulleres descritas.