
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez Ordóñez, acompañada polo tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, e o concelleiro de Servizos, Manuel Pose, participou na visita institucional do conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático, Nicolás Vázquez, aos Penedos de Pasarela e Traba.
Durante a visita, os representantes institucionais percorreron parte do itinerario de acceso a este espazo natural, un camiño duns 2,5 quilómetros que conecta os municipios de Vimianzo e Laxe.
Neste trazado estanse a ultimar diferentes actuacións de mellora incluídas no Plan de xestión dos Penedos de Pasarela e Traba, aprobado a finais de 2024.
Desde o Concello de Vimianzo destacan a importancia destes traballos para favorecer a conservación do espazo, mellorar a súa accesibilidade e poñer en valor o seu patrimonio natural, xeolóxico e paisaxístico.
Os Penedos de Pasarela e Traba constitúen un espazo de especial singularidade na Costa da Morte, cun patrimonio natural e paisaxístico compartido polos municipios de Vimianzo e Laxe.

