
A música de Emilio Barrul chegará á Coruña o vindeiro 5 de decembro, cun concerto na Sala Malavida, onde o artista ofrecerá unha actuación a partir das 20:00 horas.
As persoas que queiran asistir xa poden adquirir as súas entradas anticipadas por 12 euros, mentres que o prezo na billeteira o día do concerto será de 15 euros.
A organización facilita a compra anticipada a través do código QR incluído no cartel promocional e da páxina web oficial do artista, “www.emiliobarrul.com“.
Unha nova oportunidade para gozar da música en directo nunha cita que terá lugar nun dos espazos de referencia para os concertos na cidade herculina.
