Máis de 70 persoas participan nunha exitosa xornada micolóxica en Vimianzo

Vimianzo acolleu hoxe unha xornada micolóxica que reuniu máis de 70 persoas nunha mañá dedicada ao coñecemento dos cogomelos, á natureza e á convivencia.

A actividade desenvolveuse nun ambiente de participación e interese, permitindo ás persoas asistentes achegarse ao fascinante mundo da micoloxía e ampliar os seus coñecementos sobre as distintas especies de cogomelos.

A xornada contou coa colaboración de Roberto Montes Papín, encargado de compartir os seus coñecementos e experiencia coas persoas participantes. Desde a organización agradeceron tamén a excelente resposta do público e o apoio da Peña Barcelonista Irmandiña, cuxa colaboración foi fundamental para o desenvolvemento da iniciativa.

No encontro estivo presente tamén o concelleiro Mario Andújar, que acompañou as persoas asistentes durante esta actividade.

Como colofón, os participantes puideron gozar duns pinchos elaborados con cogomelos, que puxeron o broche gastronómico a unha mañá marcada pola aprendizaxe, a participación e o bo ambiente.

A elevada asistencia confirma o interese que este tipo de propostas espertan na veciñanza e consolida as actividades vinculadas á natureza e á divulgación micolóxica como unha atractiva opción de encontro en Vimianzo.