Comezan as obras de pavimentación dun vial en Padrís cun investimento de máis de 50.000 euros

As obras de pavimentación dun vial na zona de Padrís comezaron hoxe, dentro das actuacións previstas para mellorar as infraestruturas viarias rurais.

O proxecto conta cunha subvención da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ao abeiro da convocatoria de axudas para actuacións en camiños rurais correspondente aos anos 2026-2027. A solicitude desta axuda foi presentada en marzo de 2026.

Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L., por un importe total de 50.311,75 euros, IVE incluído.

Con esta intervención búscase mellorar o estado do vial e facilitar os desprazamentos da veciñanza, contribuíndo á conservación e mellora da rede de camiños rurais.