
As obras de pavimentación dun vial na zona de Padrís comezaron hoxe, dentro das actuacións previstas para mellorar as infraestruturas viarias rurais.
O proxecto conta cunha subvención da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ao abeiro da convocatoria de axudas para actuacións en camiños rurais correspondente aos anos 2026-2027. A solicitude desta axuda foi presentada en marzo de 2026.
Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L., por un importe total de 50.311,75 euros, IVE incluído.
Con esta intervención búscase mellorar o estado do vial e facilitar os desprazamentos da veciñanza, contribuíndo á conservación e mellora da rede de camiños rurais.
