Avanzan as obras do Teleclub grazas o aporte dos veciños e a firmeza do Cura Don Manuel

O Cura de Buño e outras parroquias de Malpica e Ponteceso, Don Manuel García Souto e un home valente, valeroso, honrado e loitador, esta a piques de conseguir o que os gobernantes do Concello de Malpica prometeron nas eleccións e seguimos esperando por eles.

Porque o Teleclub de Buño non vai ser soamente un punto de encontro entre os veciños, o Teleclub vai ser un lugar para que as persoas maiores das aldeas reunanse cos seus veciños, un lugar onde poden ler, ver a televisión e xogar as cartas.

Tamen se esta baraxando a opción de dar clases de internet as persoas maiores, para que coñezan as redes e sepan manexarse por elas.

Don Manuel creou a Plataforma O Rural Movese para buscar axudas para diversos proxectos no rural debido o abandono das institucións locais. Entre as iniciativas de actuación do Rural Movese podemos destacar as seguintes: Reforma do Teleclub e adaptación do mesmo, Conservación e restauración das imaxes relixiosas das parroquias, limpeza e reforma dos cemiterios e recuperación das festas olvidadas.

Grazas Don Manuel .