
Novo susto no mar. O pesqueiro A Fervenza, con base no porto de Celeiro, naufragou esta mañá cando faenaba ao norte do cabo Vilán (Camariñas). Afortunadamente, os seus dous tripulantes foron rescatados, sans e salvos, pola embarcación Zeus, de Camelle, que se atopaba na zona.
Salvamento Marítimo, tras recibir a alerta da radiobaliza, deu aviso a outro pesqueiro que traballaba preto e mobilizou á zona a embarcación Salvamar Altair e o helicóptero Helimer 402.