
As II Xornadas Carballo na Memoria arrincarán mañá martes nas Escolas do Xardín Agra de Caldas coa apertura da exposición «Arquitectura e memoria», unha colección de vinte acuarelas do artista local Martín Garrido Porto nas que nos convida a realizar un percorrido por algúns dos edificios que forman parte da súa arquitectura evocadora.
Convidámoste ao acto de inauguración, que se celebrará ás 19.30 horas, pero se mañá non podes ir, toma nota dos días e horarios de visita, porque se non vas ver esta exposición vaiche pesar!
Días 17 e 19, de 17.00 a 19.00 h
Días 18, 20 e 21, de 11.00 a 13.00 h
A partir do día 22 as visitas realizaranse previa reserva en carballo.gal (axenda)