A Laracha acolle por primeira vez neste curso dous ciclos de Formación Profesional

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, acompañado dunha ampla representación do Goberno local encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela, visitou hoxe a aula nómade na que se imparte o ciclo básico de Peiteado e Estética con 18 alumnos. Foi instalada no IES Agra de Leborís nunha proposta experimental que a Xunta estrea en Galicia.

No ciclo superior de Transporte e Loxística, que se impartirá en modalidade dual intensiva, aínda quedan prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden anotarse acudindo ao Edificio Administrativo da Laracha. O prazo remata este venres.