Presentación de dous novos murais en Caión

Caión vístese de cor, identidade e memoria. Hoxe resentamos dous novos murais que xa forman parte da paisaxe da vila:

👩‍🎨 Carola Sánchez realizou “Algario de Caión” no paseo marítimo, unha homenaxe ás mulleres que recollían o golfe.

👩‍🎨 Ana Santiso recreou nunha vivenda do Rueiro das Figueiras “As Redeiras de Caión”, a forza e a tradición das que cosían e amañaban redes facendo posible o traballo no mar.

👥 Foi unha mañá chea de emoción, coa presenza das autoras, do alcalde (José Manuel López Varela), da concelleira de Turismo (Patricia Bello) e dos representantes do GALP Costa da Morte (Evaristo Lar eo e Guillermo González), que colabora neste proxecto dirixido a embelecer a vila, coidar da nosa historia e abrir novas portas ao futuro.

💙 Estes murais son máis ca pintura: son espello do que fomos, somos e queremos seguir sendo.