Cortes de Auga en Carballo entre as 00:00 e as 05:00

Debido a unha fuga detectada no Fondal, na rede que subministra o polígono de Bértoa e a zona da costa, a empresa concesionaria do ciclo integral da auga, Gestagua, terá que cortar o abastecemento desde as 00.00 ata as 05.00 horas da próxima madrugada.

Os lugares afectados serán Figueiroa, Vilar de Cidre, Pedra do Sal, Razo da Costa e Nétoma. O día 1 de outubro podería rexistrarse algún episodio de auga turbia nas zonas elevadas.