A corporación e o persoal municipal do Concello de Ponteceso renderon homenaxe a Josefa Varela Arán.

Despois de moitos anos formando parte do servizo de limpeza municipal, Fina, como todos e todas a coñecemos, xubílase.

O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, deulle as grazas 👏🏼 polo seu «traballo e profesionalidade ao longo deste tempo».

Fina prestou servizo no 📍 CEIP As Forcadas e noutras instalacións municipais, conseguindo gañarse o agarimo de todos e todas.

Como despedida, levouse a cabo unha comida 🍴 á que asistiron os seus compañeiros e compañeiras de traballo e amizades.

Grazas por todo, Fina!