
Onte, en pouco máis dunha hora de traballo, 14 persoas recollerón 39 kg de lixo mariño que non voltarán contaminar. Debido a súa localización e ao comportamento de correntes e mareas, este fermoso areal actúa como recolledor dunha pequena parte do lixo que chega ao mar.
O ventiño do nordés sopraba agradable pero impediu unha correcta caracterización do apañado. Salientamos:
– Produtos hixiénico-sanitarios procedentes do primeiro mal uso do retrete como cubo do lixo e das posteriores descargas das depuradoras que presisan unha urxente revisión e modernización na súa función.
– Multitude de anacos de cordas e cabos.
– Tapóns: de botellas, bidóns e doutro tipo de envases.
NOTA: esta limpeza está adicada á Doutora Jane Goodall, falecida o pasado 1 de outubro. Persoa referente no coidado da natureza até o final mesmo da súa vida e que nos deixa un legado no que apoiarnos para continuar na loita por un mundo mellor.