
O Concello vén de rematar o acondicionamento de varias instalacións deportivas do municipio.
Concretamente, realizáronse labores de mantemento no
céspede artificial dos campos de fútbol de Corme e Ponteceso, así como das
pistas de pádel.
Estes traballos son moi necesarios para que os recursos públicos teñan unha maior vida útil e poidan estar sempre a disposición de todos e todas.
Unhas infraestruturas en óptimas condicións, iso é o que merece a nosa veciñanza e por iso traballamos todos os días.





