O tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e o edil Pablo Cambón representaron ao Concello da Laracha na celebración do 35 aniversario de COGAMI que se realizou na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

👥 O tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e o edil Pablo Cambón representaron ao Concello da Laracha na celebración do 35 aniversario de COGAMI que se realizou na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

📷 Nas imaxes, co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, o vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo, e a concelleira de Arteixo, Inés Ramos.

▶ O centro especial de emprego Cogami é o encargado dos servizos de recollida de lixo e xestión do punto limpo no concello da Laracha.

🙌 Parabéns e grazas por estes 35 anos traballando pola inclusión e os dereitos das persoas con discapacidade!