
Deron comezo as obras da senda peonil en Pazos cun investimento de preto de 400.000 euros. Ademais da senda, contará cunha zona de aparcamento, dous pasos de peóns e o reforzo da sinalización existente.
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, asegura que a intervención é esencial para reforzar a seguridade viaria na estrada AC-419 e agradece a predisposición da Xunta de Galicia para facer realidade esta demanda.
Esta actuación está encadrada dentro do Plan Hurbe, no que a Xunta asume o 70% e o municipio o restante 30% dos 400.000 euros.


