
Esteban Serrano, campión de España de Autocross na División II
O piloto larachés Esteban Serrano proclamouse recentemente vencedor da División II do Campionato de España de Autocross, tras unha tempada brillante na que demostrou un alto nivel de pilotaxe e regularidade.
Na mesma categoría, o seu irmán Gabriel Serrano acadou o subcampionato, asinando así un destacado dobrete familiar para A Laracha neste certame nacional.
Ambos os dous deportistas continúan a consolidarse como referencias galegas no mundo do autocross, representando con orgullo o seu municipio nas principais probas do calendario estatal.