
O alcalde, Daniel Pérez, e a concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, veñen de participar, xunto coa directora da Aula de Teatro Municipal, Alba Bermúdez, no primeiro acto do 120 aniversario do nacemento do dramaturgo Cándido González Tiradas.
Hoxe o alumnado de Alba ofreceu unha lectura dramatizada dun fragmento da obra máis coñecida do autor carballés, Mal ollo!, no marco do FIOT. Á representación asistiron tamén familiares de González Tiradas, que finou en 1966 en Bos Aires.
E, sen saír do Pazo da Cultura, o alcalde tamén compartiu a xornada co alumnado doutras aulas, as da Escola Oficial de Idiomas, que a esta hora continúan coa celebración da súa Oktoberfest.


