
A Casa do Mar de Corme, onde se localiza o centro de saúde e o local das asociacións de veciños e maiores, conta xa cunha nova rampla de acceso.
Trátase dunha petición
da veciñanza que a Asociación de Veciños de Corme lle trasladou ao Concello de Ponteceso.
Agora, é xa unha realidade grazas á doazón gratuíta por parte da Asociación ÍNTEGRO e de Maisporvir.
Esta novidade supón unha importante mellora en materia de accesibilidade, facilitando a entrada dos usuarios e usuarias con diversidade funcional ao interior do espazo.