Unha muller falece tras saírse da estrada co seu coche en Silleda Palabras descoñecidas

Foto de: Policia Local

O accidente ocorreu sobre as 18:20 horas. O servizo de emerxencias 112 Galicia foi alertado mediante unha chamada dun particular que se atopaba no lugar: unha muller quedou atrapada no seu vehículo tras saírse da estrada e impactar contra unha igrexa no quilómetro 2 da EP-6504, en Negreiros.

Á súa chegada, os servizos sanitarios confirmaron o falecemento da muller. O Servizo de Emerxencias Sanitarias do 061, Bombeiros de Silleda, Policía Local e a Garda Civil de Tráfico participaron no operativo.

Nestes momentos, os bombeiros permanecen no lugar para realizar os labores de recuperación do corpo e o seu levantamento, os sanitarios só puideron certificar a súa defunción. A falecida, de 83 anos, M.G.C. era veciña da localidade.