A Asociación de veciños San Xoán de Grixoa queixase nas suas redes sociaís da subida do IBI no Concello de Santa Comba

Dende a Asociación de Veciños de San Xoán de Grixoa expresaron o seu malestar pola subida do IBI a través das redes sociaís co seguinte escrito :

❌A SUBA DO IBI NO CONCELLO DE SANTA COMBA‼️

Cando toca pasar polo aro da recadación é cando se valora mellor o que se paga, os servizos que se obteñen e, como non, en moitos casos… a quen hai que manter.

Porque sí veciñ@s, a algúns gobernantes hai que mantelos (hain@s que se gañan o soldo procurando avances e melloras en servizos públicos e outr@s presumen de pistas adecentadas como se iso fose todo co que hai que cumprir coa xente)‼️

👉🏻Imos a ver o caso de Santa Comba:

Tod@s estamos a recibir as cartiñas para cumprir coas obrigas de pagamento de taxas de lixo, do IBI…

É tempo de pagar!!!

É tempo de cumprir coas responsabilidades (o dos dereitos xa quedan para cando haxa sobras).

👉🏻Sabedes iso de que pretender prosperar na xestión dun concello a base de impostos é como aquél que ten os pés nun caldeiro e trata de avanzar tirando da asa⁉️

Pois así están nestes intres Romar e CÍA.

Como últimamente lle gusta moito presumir do que fai no rural (adecentar pistas básicamente), imos poñer un exemplo dun inmoble de natureza rústica:

🏡Unha casiña normaliña nunha aldea de Santa Comba paga de IBI este 2025: 267,15€ (0.50%).

🚨Se a mesma vivenda estivera no concello de Carballo (0.44%) pagaría este ano 235,09€.

🛑Vemos os servizos públicos que ten o Concello de Carballo en comparación cos que ofrece o Concello de Santa Comba⁉️

💳Notamos a diferenza entre o soldo que cobra o alcalde de Carballo e o que se embolsa ROMAR⁉️

O peto do alcalde xalleiro sae gañando e @s perxudicad@s som@s @s veciñ@s que pagamos un diñeiral en impostos con servizos do ano da polca‼️

👉🏻A que a vós non vos suben os soldos tanto como se subiu él o seu?

VAIA NEGOCIO O DE REMAR!!!

😡Pero tócanos apoquinar máis en impostos porque O PLAN DE AXUSTE ESTÁ AÍ.

Con ou sen chat GPT.

❌Vístedes a algún/algunha concelleir@ ou o mesmo Romar solidarizáronse coa situación económica (da que tamén son responsables) do Concello de Santa Comba baixándose os soldos⁉️

NIN @ PRIMEIR@‼️

ESTES/AS MIRAN POLO SEU E PUNTO‼️

E se preguntades polas porcentaxes de outros concellos en inmobles de natureza rústica podemos atopar:

Mazaricos aplicando un 0.3%

Zas con un 0.40%

Val do Dubra cun 0.33%

E na mesma liña que Santa Comba están A Baña e Negreira, pero…. COA DIFERENZA DE QUE NON COBRAN ese macrosoldo que se axenciou o máximo representante do concello xalleiro tan axiña como se acomodou no sillón de mando.

😡Un soldo altísimo que hai que pagarllo, e quen llo paga⁉️

O IBI DESPROPORCIONADO HAI QUE PAGALO E QUE OBTEMOS A CAMBIO @s XALLEIR@S⁉️

O ASFALTADO DE UN PAR DE PISTAS POR ALDEA AO ANO⁉️

NON, NON E NON VAI ACORDE ESE DESPILFARRO EN SOLDOS DE CASE 1 MILLÓN DE EUROS POR ESTES 4 ANOS A CAMBIO DE PISTIÑAS ADECENTADAS‼️

Sáenos moi caro este capricho.

É que nin un atraco a man armada serve de exemplo para o que están a sufrir certos sectores que se van vendo PERXUDICADOS dobremente coa suba do IBI (no caso das explotacións) e a incorporación dalgunha novidade en taxas de lixo.

❌Falta proxecto, falta investimento en servizos públicos, falta sentarse cos sectores que apuntalan a economía xalleira, falta proporcionalidade en regularizacións de taxas, falta cercanía ca xente e cos seus problemas e sóbranlle os fumes e ese ego desmedido.

👇🏻Traer a Castelao e a súa visión da realidade, aplicable aínda nestes tempos, é o máis axeitado.

No recordo queda a publicación da Voz de Galicia do 2024 onde fala da subida do IBI, basoiras e outras actividades coma consecuencia do plan de axuste económico imposto por facenda:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santa-comba/2024/10/25/plan-ajuste-concello-santa-comba-conllevara-subir-ibi-basura-actividades/0003_202410S25C5995.htm