O Bng de Camariñas denuncia o mal estado do Museo de Man en Camelle

Desde o BNG de Camariñas denuncian o lamentable estado no que se atopa o Museo de Man, que rexistra filtracións de auga e a cuberta ten pingueiras por todos os lados.

‼️É URXENTE E PRIORITARIO ACTUAR CANTO ANTES. Faise necesario e moi importante acometer un arranxo integral da cuberta do museo, para evitar o deterioro de todas as pezas que acolle.

👉 Pediremos que nos vindeiros orzamentos se habilite unha partida específica para a rehabilitación de toda a cuberta do museo.

👉 Non podemos permitir que o goberno local faga dispendios en cousas que non nos podemos permitir, cando logo temos outras instalacións que non son capaces de manter nunhas mínimas condicións.