
O activo club de lectura en galego do Concello de Carballo, coordinado por Marta Villar, recibiu hoxe a visita do autor carballés Víctor Cebey López, que, ademais de escritor, é oncólogo. O ano pasado gañou o premio de poesía Avelina Valladares coa obra «Do A ao X», e hoxe tivemos a sorte de que a compartise con nós. Grazas pola visita!