
A Garda Civil do Posto de Carral detén a un home como presunto autor de 4 delitos de roubo con forza, un deles en grao de tentativa, 1 delito de lesións, outro delito contra a seguridade viaria e os delitos de atentado, resistencia e desobediencia aos axentes da Autoridade.
Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta o día 21 de outubro do ano en curso por un suposto delito de roubo con forza, en grao de tentativa, nun establecemento hostaleiro da localidade de Carral.
A Garda Civil iniciou unha investigación en aras de constatar a veracidade dos feitos e identificar o autor ou autores dos mesmos no seu caso.
No transcurso da mesma, os gardas civís actuantes tiveron coñecemento da existencia doutros 3 ilícitos da mesma índole nos termos municipais de Ordes e Carral, con similitudes na autoría, feitos que xeraron gran alarma social na zona.
Como froito do traballo de campo realizado, os gardas civís actuantes lograron a identificación do presunto autor dos ilícitos apuntados, así como a presunta relación desta persoa coa fuga dun vehículo nun dispositivo preventivo de seguridade cidadá na N550 o día 17 de outubro e os delitos de atentado, resistencia e desobediencia aos Axentes da Autoridade ao agredir a un Policía Local de Carral o 28 de outubro no transcurso dunha identificación.
Unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil procedeu á detención deste home como presunto autor de 4 delitos de roubo con forza, 1 deles en grao de tentativa, 1 delito de lesións, 1 delito contra a seguridade viaria e os delitos de atentados, resistencia e desobediencia aos axentes da Autoridade.
O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de garda da Coruña, decretando a Autoridade Xudicial o seu ingreso en Centro Penal