Crece o malestar na Cachada pola falta de luz na aldea

Os veciños da Cachada, en Monteagudo, levan quince días sen subministro eléctrico e xa trasladaron as súas queixas ao Concello. Denuncian que a falta de luz está a provocar unha situación de inseguridade, sobre todo durante as noites, e un profundo malestar entre os residentes, que se ven obrigados a vivir sen servizos básicos. Reclaman unha solución urxente e responsabilidades pola tardanza en restablecer o servizo.