Convenio de colaboración coas veciñas e veciños de Serantes

Puede ser una imagen de estudiando y texto

O Concello de Laxe quere informar a toda a veciñanza da sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación de Veciños e Veciñas de Serantes, co obxectivo de regular o uso do local social desta parroquia e fomentar actividades que dinamizan a vida social, cultural e comunitaria.

Este acordo permitirá:

✨ Favorecer o uso do local social de Serantes para actividades culturais, informativas, accións formativas, iniciativas sociais e encontros veciñais.

✨ Impulsar accións conxuntas entre o Concello e a Asociación de Veciños/as que beneficien tanto á parroquia de Serantes como ao conxunto do municipio.

✨ Garantir espazos de participación cidadá, apoiando que as actividades que se desenvolvan no local cheguen ao maior número de persoas posible.

✨ Facilitar a coordinación entre o Concello e a Asociación de Veciños para un uso óptimo das instalacións.

O acordo tamén recolle que, en días de citas electorais, o local social funcionará como colexio electoral, tal e como marca a lexislación vixente.

Desde o Concello de Laxe seguimos traballando para apoiar ás parroquias, fortalecer o movemento veciñal e promover actividades que melloren o día a día da nosa veciñanza.