
Dende o Concello de Corcubión lamentan de novo o incivismo dos depósitos de lixo e restos de obras en paraxes naturais, como o acontecido esta fin de semana na contorna do faro.
![]()
Este tipo de depósitos incontrolados de residuos están penalizados con multas para os responsables
Os servizos municipais pasarán a retirar este lixo o antes posible.
Lembrar que o Concello dispoñe dun servizo GRATUÍTO PARA A CIDADANÍA para recollida de voluminosos, e polo que o Concello paga a unha empresa 10.000€ ao ano.
Este servizo pódese solicitar presencialme na ventanilla das oficinas municipais ou por teléfono no 981745400.
Dende o Concello fan un chamamento ao civismo a respectar o que é de todos e todas, e condenamos enérxicamente este tipo de condutas totalmente impropias en pleno século XXI


