
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, o xerente do GALP Costa da Morte, Guillermo González, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, inauguraron esta tarde o novo camiño de acceso ao muíño de Mareas.
O acto comezou cun
paseo polo viario no que as persoas participantes puideron coñecer a historia e patrimonio de Cereixo, facendo paradas nas que se explicaron numerosas curiosidades sobre o lugar.
Ao final do percorrido, na
igrexa de Santiago, tivo lugar a proxección dun vídeo.