O deputado do BNG da Costa da Morte, Oscar Insua, realizará dúas intervencións o xoves 11 de decembro, na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego

O deputado do BNG da Costa da Morte, Oscar Insua, realizará dúas intervencións o xoves 11 de decembro, na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego, sobre asuntos de marisqueo na comarca, e que expoñemos a continuación:

– Pregunta sobre a situación do marisqueo na ría de Camariñas e as actuacións previstas pola Consellería do Mar destinadas a conseguir a viabilidade do sector nesta ría.

– Pregunta sobre as condicións do actual espazo que utilizan os mariscadores de Corcubión como vestiario, e as medidas que pensa adoptar a Xunta de Galiza co fin de buscar unha solución para poderen dispor dun local axeitado.