
Un home de orixe Madrileño que pasaba uns días na localidade encontrase desaparecido dende o pasado martes.
Os servizos de emerxencia teñen activado un amplo dispositivo de busca en Muxía para localizar a un home madrileño duns 60 anos do que non se sabe nada desde o pasado martes. O desaparecido estaba a pasar uns días na localidade e atopábase aloxado nun apartamento do casco urbano.
A súa familia, residente en Madrid, presentou a denuncia ao non poder contactar con el, o que desencadeou a mobilización dos equipos de procura. Este xoves, os efectivos centraron os seus esforzos na contorna da praia de Os Muíños, en Moraime, despois de que o vehículo do home fose localizado nas inmediacións.
Segundo informou a Garda Civil, no operativo participan tres patrullas e o capitán da compañía de Carballo, xunto coa Policía Local e membros de Protección Civil. Os traballos concéntranse no litoral próximo ao lugar onde apareceu o coche, aínda que non se desbotan outras zonas de rastrexo.
As autoridades continúan a traballar para esclarecer o paradoiro do home e solicitan a colaboración cidadá por se alguén puidese achegar información relevante.